tag:blogger.com,1999:blog-28031344923204018242024-03-14T01:08:02.504-07:00Castelo de PambrePaso Miúdohttp://www.blogger.com/profile/17097282518186887790noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-2803134492320401824.post-49110667537058986872010-11-23T22:45:00.000-08:002010-11-23T22:48:34.772-08:00CronicaNun microbús de 9 prazas, saímos de Ferreira cara a Ulloa. No camiño recollemos a Dora. Ö chegar ó Montero paramos a tomar un cafeciño, que algún viña con estómago baleiro.
A medida que baixábamos cara a Lugo, deixou de chover e nalgún momentiño vimos unhas raioliñas de sol. Chegamos a Pambre cando aínda estaba pechado o castelo. e comezamos a ruta as dez menos cuarto. O primeiro que nos chamou a atención foi o bruído que facía o río Pambre, pola cantidade de auga que levaba. Daba arrepíos pensar que hai algúns valentes que ousan meterse nun kayak para baixar por esas augas bravas. A ruta transcorre un bo cacho pola beira do río, que cruzamos por unha ponte de pedra con aspecto de ser moi antiga. Despois o camiño sobe e baixa, facendo que nalgún momento algúns nos descolgaramos da cabeza do grupo. Menos mal que, de cando en vez, paraban para recuperarnos, desviámonos un pouquiño para subir ó castro de Remonde, xusto fronte ó castelo, do que se ten unha vista magnífica.
Pouco más ou menos na metade da ruta, paramos a recuperármonos cadaquén co que levaba e co que compartimos: mazás, laranxas, galletas, pistachos... Seguimos hasta chegar ó cruce que marcaba os torrentes de Mácara, xa no río Ulla. Realmente a ruta paga a pensa aínda que non sexa máis que por ver este recuncho. Costa un pouco chegar hasta el, porque o camiño está cheo de penas e hai que pasar entre dos penedos que os que somos gordechos pensamos non coller entre eles. Pero pasamos e chegamos ós torrentes que, como antes o río Pambre, desbordaban auga e facían un rebumbio que enchía os oídos co seu balbordo.
De regreso ó castelo de Pambre,. Regresamos ó sendeiro e subimos un bo tramo pola estrada, hasta atopar o desvío que nos facía retornar ó sitio onde quedara o microbús, diante do castelo. Eran as doce e media, máis ou menos.
Entramos no interior do castelo –a entrada é gratuíta- e demos unha volta, admirando a torre da homenaxe, a igrexa de San Pedro de Pambre, que están restaurando, o forno do pan, as torres exteriores... Todo está bastante ben conservado, menos os teitos, que se viñeron abaixo. O interior da torre da homenaxe non se pode visitar.
Cando estabamos a rematar a visita empezou a chover. ¡Qué sorte tivemos co tempo! Anxo dixo que non era raro, que cando foran eles facer a ruta xa deixaran encargado o bo tempo para este día.
Correndo, para evitar mollarnos, regresamos ó microbús e fomos hasta Palas, facendo un pouco de tempo para despois ir xantar, ás dúas e media, ó Albergue Bolboreta, onde nos trataron amablemente e nos deron unha fabada e unha carne estufada con pataquiñas e verduriñas. Algún se chega a saber de que carne era, ó peor nin a proba, porque era porco bravo.; pero unha vez catada, resulto que estaba brandiña e moi ben cociñada. De prostre, unha tarta caseira que á algún larpeiro lle soubo a pouco. O café, de pucheiro, podíase “alegrar” cunhas pingas de augardente.
A auga non nos abandonou en toda a tarde, ó logo da viaxe de volta. Acercámonos hasta a igrexa de Vilar de Donas, pero solo puidemos ver a marabillosa portada, porque o templo estaba pechado. Nova paradiña no Montero para tomar un café ou unha manzanilla (a comida non fora lixeira precisamente) e seguimos viaxe.
Chegamos a Ferreira con auga, pero con ben; e despedímonos hasta a próxima ocasión.
Esta é a primeira vez que me encargan facer a crónica da ruta. Espero non tervos aburrido moito.
Abur, amigos.

Carmen Beltran

Paso Miúdohttp://www.blogger.com/profile/17097282518186887790noreply@blogger.com0